Temario
Objetivos:
Comprender adecuadamente o contido fundamental de textos escritos sinxelos e producións orais, participar en interaccións orais respectando as normas de convivencia e construír textos sinxelos relacionados coa vida profesional e cidadá, con coherencia e cohesión textuais, e corrección gramatical.
Con el objetivo de apoyar la medición y cuantificación de los siguientes objetivos, se vincula cada objetivo específico al módulo formativo correspondiente. Por otra parte, para favorecer la observación de dichos objetivos, se diferencian las capacidades teóricas y las capacidades prácticas a adquirir por el alumno.
MÓDULO 1. COMPETENCIA CLAVE:COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2
- Identificar e diferenciar algunhas características básicas da lingua usada nos contextos familiar e profesional.
- Usar as palabras, expresións e ton adecuados a cada situación.
- Comprender o sentido fundamental de producións orais sinxelas, diferenciando os feitos (a información) das opinións.
- Tomar notas dalgunha información e dalgunhas opinións expresadas nesas producións orais e enumeralas con claridade e corrección.
- Usar o criterio alfabético para a localización de palabras e expresións nos dicionarios da lingua galega.
- Comprender o sentido fundamental de textos escritos, relacionados preferentemente co propio ámbito profesional, distinguindo información de opinión e diferenciando as ideas principais das secundarias e realizar un sinxelo esquema do seu contido fundamental en forma de enumeración ou de cadro esquemático ou sinóptico.
- Redactar os esquemas e os pequenos textos con corrección ortográfica, consultando o dicionario para solucionar as dúbidas ortográficas.
- Expresar oralmente, con coherencia e cohesión, as ideas e sentimentos propios, respectando as normas básicas de comunicación oral e usando unha linguaxe respectuosa.
- Resumir con coherencia en poucas frases o contido fundamental dunha exposición ou debate, tomando notas das ideas e opinións fundamentais expresadas no mesmo.
- Usar un procesador de textos para redactar textos sinxelos e pasar o corrector ortográfico de que dispón.
- Redactar textos escritos sinxelos, con coherencia, cohesión e corrección ortográfica, seguindo os pasos adecuados (xerar ideas, ordenalas, redactalas) e evitando as repeticións.
- Resumir textos escritos sinxelos, identificando previamente o tema principal e os secundarios, e redactando o resumo con orde, claridade e corrección ortográfica.
-Redactar textos escritos sinxelos, nos que se expresen opinións propias, con coherencia e cohesión, e corrección ortográfica.
Programa:
MÓDULO 1. COMPETENCIA CLAVE:COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2
UNIDAD DIDÁCTICA 1. Expresión oral en diferentes ambientes
Contenidos teóricos.
- Identificación das variedades sociais da lingua (estándar, coloquial, culta, vulgar) e diferenciación dalgunhas características básicas da lingua usada nos contextos familiar e profesional.
- Identificación dalgunhas características dos códigos oral e escrito.
- Toma de notas durante a exposición oral dun tema.
- Identificación en producións orais sinxelas dos feitos expostos e das opinións.
- Busca de palabras en dicionarios utilizando a orde alfabética.
UNIDAD DIDÁCTICA 2. Comprensión de textos escritos
Contenidos teóricos.
- Comprensión de textos sinxelos escritos, usando a técnica do subliñado, distinguindo as ideas principais das secundarias e diferenciando a información das opinións.
- Redacción do esquema correspondente (esquema enumerativo ou cadro esquemático ou sinóptico) coas ideas principais do texto, ordenadas adecuadamente.
- Recoñecemento e uso das normas básicas da ortografía da palabra (b/v, h/--, c/qu) na redacción dos textos.
UNIDAD DIDÁCTICA 3. Discusión e debate
Contenidos teóricos.
- Participación ordenada en discusións e debates respectando as normas de cortesía na comunicación oral.
- Toma de notas durante a exposición oral dun tema. Ordenación das mesmas e expresión oral dun resumo das ideas principais.
- Uso dun procesador de textos para escribir e corrixir despois cun corrector ortográfico.
UNIDAD DIDÁCTICA 4. Redacción dun texto expositivo
Contenidos teóricos.
- Redacción de textos escritos sinxelos con coherencia, cohesión e corrección ortográfica, dando antes os pasos previos para a súa elaboración: selección de ideas previas e elaboración dun esquema ordenado.
- Uso de mecanismos sinxelos para evitar repeticións innecesarias: uso de sinónimos e de pronomes.
UNIDAD DIDÁCTICA 5. Redacción dun texto con opinións propias e resumo
Contenidos teóricos.
- Identificación en textos escritos sinxelos das ideas principais e das secundarias e uso da técnica do subliñado.
- Redacción clara e ordenada dun resumo coas ideas fundamentais dun texto.
- Identificación das características dos textos argumentativos.
- Uso de conectadores de orde e causa.
- Redacción de textos argumentativos: xerar ideas, ordenalas, redactalas.