Familia: Hostalaría e turismo
Nome ciclo: Cociña e gastronomía
Grao: Medio
Horas: 2000
Que se aprende a facer?
Executar as actividades de preelaboración, preparación, conservación, terminación e presentación, e servizo de todo tipo de elaboracións culinarias no ámbito da produción en cociña, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
Onde se realiza o traballo?
En empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector de hostalaría, aínda que tamén poden traballar por conta propia en pequenos establecementos do subsector de restauración. En sectores e subsectores produtivos e de prestación de servizo onde se desenvolvan procesos de preelaboración, elaboración e, de ser o caso, servizo de alimentos e bebidas, como é o sector de hostalaría e, no seu seo, as subáreas de hotelaría e restauración (tradicional, moderna e colectiva). Tamén en establecementos dedicados á preelaboración e á comercialización de alimentos crus, tendas especializadas en comidas preparadas, empresas dedicadas á almacenaxe, ao envasado e á distribución de produtos alimentarios e outros.
En que postos de traballo?
Cociñeiro/a, xefe/a de partida, empregado/a de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos Horas
Cociña galega de vangarda 105
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 410
Ofertas gastronómicas 87
Preelaboración e conservación de alimentos 240
Procesos básicos de pastelaría e repostaría 240
Produtos culinarios 350
Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos 53
Sobremesas en restauración 140
Técnicas culinarias 320
Que título se obtén?
Técnico en cociña e gastronomía.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.