Menú
¡Llama gratis! 900 264 357

Formación Profesional Grao superior Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos del centro IES de Arzua

Programa de Formación Profesional Grao superior Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos

Modalidad: Presencial
Localización: A Coruña

Temario

Que se aprende a facer?
Xestionar os recursos naturais e paisaxísticos, programando e organizando os recursos humanos e materiais e os traballos necesarios para lograr os obxectivos de produción e de protección do medio natural.

Onde se realiza o traballo?
Produción de plantas en viveiros. A súa implantación no medio forestal. Mantemento dos recursos presentes no monte para a súa mellora e racional aproveitamento posterior. Xestión de áreas recreativas e de lecer. Vixilancia do patrimonio.

En que postos de traballo?
Encargado de explotacións forestais ou espazos naturais. Xestor cinexético. Viveirista. Silvicultor. Axente de medio ambiente. Guía da natureza. Colaborador de centros de interpretación da natureza. Encargado de prevención e extinción de incendios forestais. Técnico en fotografía e traballos alsodasométricos. Encargado de tratamentos fitosanitarios en forestais e xardíns. Encargado en maquinaria forestal. Encargado en piscifactorias. Consultor de empresas de traballos forestais e aproveitamentos de recursos forestais. Colaborador en gabinetes de educación ambiental. Colaborador en empresas de impacto ambiental. Colaborador en laboratorios de investigación e control. Colaborador en tarefas educativas en aulas da natureza e centros de interpretación. Deseño e mantemento de xardíns. Responsable de viveiros de plantas ornamentais. Deseño e desenvolvemento de proxectos de restauración de xardíns. Deseño de campos de golf. Organización do mantemento de campos de golf e de áreas recreativas urbanas e periurbanas. Autónomo en empresas de xardinería e/ou florería. Deseño de interiores. Responsable de obras de xardinería a pé de obra.

Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos Horas
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Horas á disposición do centro 80
Instalación e mantemento de xardíns e restauración da paisaxe 265
Mecanización e instalacións nunha empresa agraria 240
Organización e xestión dunha empresa agraria 90
Protección das masas forestais 105
Proxecto integrado 75
Relacións no contorno de traballo 55
Xestión do uso público do medio natural 90
Xestión dos aproveitamentos cinexéticos e piscícolas 110
Xestión dos aproveitamentos forestais 135
Xestión e organización da produción de plantas 185
Xestión silvícola 135

Que título se obtén?
Técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos.

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior

Contacta ahora con el centro

Junglebox S.L. (Responsable) tratará tus datos personales con la finalidad de gestionar el envío de solicitudes de información requeridas y el envío de comunicaciones promocionales sobre formación, derivadas de tu consentimiento. Podrás ejercer tus derechos de acceso, supresión rectificación, limitación, portabilidad y otros derechos, según lo indicado en nuestra P. de Privacidad​